jueves. 25.04.2024

Tras a comunicación do Sergas do día de hoxe pódese observar un repunte de 1 caso en Sandiás, que pasa de 2 a 3 positivos dende onte.

Os outros dous concellos da comarca da Limia con casos activos manteñen o seu número de positivos controlado, con apatente estabilidade nos últimos días. Son Calvos de Randín, que leva con un só caso dende o día 21 do pasado mes, e Xinzo de Limia, con 14 casos contabilizados diarios dende o venres pasado, tras un lixeiro descenso con respecto a suba que se pudo observar na última semana do mes de abril.

O resto da comarca, sen casos

Os Blancos, Sarreaus, Trasmiras e Vilar de Santos non reseñan nin un só caso nas últimas semanas. Baltar, Porqueira e Vilar de Barrio uníronse o selecto "club dos ceros casos" ao longo da última quincena do pasado mes.

CORONAVIRUS LIMIA / Sandiás suma outro positivo mentres Xinzo se mantén en 14