martes. 19.05.2026

A Deputación de Ourense valora habilitar unha liña especial de axudas para que os concellos máis afectados polos sucesivos temporais poidan restablecer servizos públicos esenciais e infraestruturas danadas. O presidente, Luis Menor, indicou que o obxectivo destas achegas é permitir obras de emerxencia e recuperar a normalidade nos municipios.

 

Somos conscientes da vulnerabilidade de moitos concellos tras os temporais”, sinalou Menor, destacando que é responsabilidade da Deputación actuar con rapidez e eficacia para que a falta de recursos non dificulte a recuperación. Para iso, a institución provincial iniciará un inventario detallado dos danos nos servizos e infraestruturas, traballando estreitamente cos alcaldes e alcaldesas das zonas afectadas para definir a contía e a distribución dos fondos segundo a urxencia de cada caso.

 

As brigadas do Servizo de Vías e Obras están a pleno rendemento para atender a rede provincial de estradas, que suma 1.850 km. A pasada semana resolvéronse 400 incidencias, entre cortes por acumulación de auga, derrubes, pedras na calzada, foxos e sumidoiros levantados. Actualmente, 16 brigadas con 60 operarios, seis vixiantes e equipos de retén percorren a provincia para garantir a seguridade viaria e actuar rapidamente ante calquera incidencia.

A Deputación estuda axudas extraordinarias para restaurar servizos tras os temporais |...