Xoves. 28.03.2024

Hoxe celebrouse en Porqueira o acto de clausura do obradoiro As Veigas V, un curso de albanelaría para desempregados que se levou a cabo en cinco concellos da comarca da Limia -Os Blancos, Rairiz de Veiga, Baltar, Calvos de Randín e Porqueira- . O programa ofrecera aos matriculados contratos de traballo en formación e aprendizaxe cunha duración de nove meses.

No evento reuníronse os alcaldes e alcaldesas dos municipios colaboradores e o delegado da Xunta, Gabriel Alén. Alí fixeron entrega dos diplomas acreditativos aos veciños da Limia que se inscribiran e finalizaran con éxito o obradoiro.

Durante o acto, o delegado da Xunta resaltou a importancia de levar a cabo estas iniciativas de formación, moi importantes para o mellora da empregabilidade nos municipios -un dos obxectivos principais do plan- e agradeceu a todos os participantes o seu esforzo, implicación e traballo. Tamén recordou o investimento duns 350.000 euros, feito pola Xunta, para o desenvolvemento e posta en marcha do programa.

Proximamente anunciaranse novos obradoiros especializados en toda a provincia de Ourense.

NOTICIAS A LIMIA | Finaliza o obradoiro As Veigas V en Os Blancos, Rairiz de Veiga,...