sábado. 05.10.2024

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” conmemorou hoxe o Día Internacional para a Tolerancia amosando a proxección do vídeo presentación da súa campaña “Fomos, somos e seremos emigrantes”.

A data da celebración mundial fora fixada pola ONU en 1995 coa finalidade de fomentar a compresión mutua entre as culturas e os pobos. Un obxectivo que tamén perseguen dende a asociación, na cal traballan diariamente con persoas de diversas orixes, idades, culturas e ideoloxías.

Aproveitando este día, os organizadores do centro exhibiron no bar Monforte a proxección do vídeo a modo de presentación da campaña. Unha peza audiovisual na que participaron algúns dos veciños e veciñas da comarca da limia, os cales foron algunha vez na súa vida emigrantes. A maiores, no lugar de encontro reuníronse un grupo de mulleres de procedencias diversas que compartiron reflexións, inquedanzas e historias de vida.

O CDR estar a levar a cabo estas actividades xunto a outras entidades que forman a agrupación galega “Terra e Xente”, dentro do programa “Galicia Acolledora”. Estas labores están financiadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

NOTICIAS A LIMIA | “Fomos, somos e seremos emigrantes”, a campaña do CDR O Viso a favor...