viernes. 26.04.2024

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) celebrou a undécima reunión da Oficina/Mesa Técnica da Seca, que se constituíu o pasado mes de febreiro. As intensas chuvias dos últimos dos meses axudaron a mellorar os datos de capacidade dos embalses e reducir o nivel de alerta pola falta de auga.

Dende a CHMS sinalan que a precipitación acumulada media entre o 1 de outubro e o 30 de novembro de 2022 foi de 390,5 l/m2, un 38% por riba do promedio, polo que apuntan a un inicio de ano hidrolóxico húmido. Os embalses da demarcación Miño-Sil están a un 53,59% da súa capacidade, un 4,39% inferior á media histórica e un 7,44% máis que o pasado ano. Ademais, os caudais atópanse un 30% por debaixo dos niveis habituais.

O estado do curso dos ríos e dos embalses mellorou considerablemente coas intensas chuvias, salvo no Baixo Miño e na Limia. "La situación es de normalidad en todo el territorio, a excepción de los Sistemas del Miño Alto y A Limia, aunque en ambos casos el escenario está cercano a la normalidad, que se espera alcanzar por completo a final del mes de diciembre", explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS. As precipitacións medias rexistradas no últimos doce meses continúan por debaixo da media, un 18%, coa diferenza máis marcada na conca do Sil, un 28 %, e menor no Baixo Miño, cun 8%.

As predicións a medio prazo indican que as precipitacións serán "habituales" entre decembro de 2022 e febreiro de 2023, o que levaría á demarcación Miño-Sil a unha normalidade "progresiva". De cumprise esta previsión, estímase que a normalidade en relación coa escaseza de auga no territorio se acade a finais deste mes e, en relación coa seca prolongada, sexa ao remate de xaneiro de 2023.  

A CHMS insiste en levar a cabo un uso sostible da auga e insta ás autoridades competentes no seu abastecemento, a administración local, a realizar melloras para evitar perdas e fugas. Isto axudará a que non se repitan os problemas de restricións como os que aconteceron o pasado verán nalgúns núcleos. "La adopción de medidas y el concienciar a la población al uso racional y responsable del agua es fundamental para evitar restricciones puntuales ante la escasez del recurso", recalcou Quiroga.

NOTICIAS A LIMIA | A conca do Limia, preto de acadar a normalidade e deixar atrás a seca