sábado. 20.04.2024

No Centro de Desenvolvemento Rural O Viso -en Lodoselo- acaba de finalizar o programa de Conciliación de Verán tras dous meses de duración. Unha iniciativa que xa levaba varios anos realizándose e que por mor da pandemia non se puidera levar a cabo durante os dous últimos veráns.

O proxecto ten coma obxectivo base poder favorecer a conciliación persoal, familiar e laboral das familias da Comarca da Limia a través da imparticipación de actividades socioeducativas a nenos e nenas de entre tres e 14 anos.

Este curso, os xogos ao aire libre foron os protagonistas. Promovéronse diversas actividades co fin de manter aos nenos e participantes en contacto co entorno rural e a natureza. Ademáis, os cativos realizaron xunto aos anciáns do Centro de Inclusión múltiples propostas lúdicas -coma coidar de animais, atender á horta, manualidades con todo tipo de materiais... -e mesmo se inmiscuíron nos xogos tradicionais cos que se entretían os maiores -xogando á billarda, usando zancos, aros...- .

Este ano acudiron ao programa arredor de 100 nenos de toda a comarca, e calcúlase que máis de 60 familias se viron beneficiadas do proxecto de conciliación.

NOTICIAS A LIMIA | O programa Concilia de Verán do CDR O Viso finaliza con 100 cativos...