miércoles. 30.04.2025

Presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, anunciou un importante reforzo nas políticas de apoio ás persoas maiores da provincia. Destacou a ampliación do servizo de teleasistencia, que alcanzará un investimento de dous millóns de euros en catro anos e chegará a máis de 3.000 persoas grazas á colaboración con Illumium (Fundación Once).

 

Ademais, Menor avanzou a próxima convocatoria de axudas técnicas para a creación de fogares adaptados, co obxectivo de facilitar a accesibilidade á vivenda e combater a soidade non desexada entre os maiores. Estas iniciativas súmanse ao millón de euros que a Deputación cofinancia para o servizo de axuda no fogar a través dos concellos.

 

“Somos exemplo dunha institución volcada coa xente maior e coas súas condicións de vida, queremos seguir fomentando que a xente poida vivir na súa casa, mellorando a nosa resposta”, sinalou Menor sobre os programas da Deputación en materia de axuda aos maiores de Ourense.

 

Menor anunciou este reforzo durante a presentación dun estudo científico sen precedentes que analiza en profundidade os factores que contribúen á excepcional calidade de vida e lonxevidade dos centenarios da provincia. A investigación, liderada pola asociación Ourensividade e financiada pola institución provincial, consiste en entrevistas cualitativas e cuantitativas a persoas centenarias, revelando aspectos como a súa gran laboriosidade, o autoconsumo a través da horta e unha notable resiliencia ante os cambios. 

 

O presidente provincial, Luis Menor, intervén na xornada de presentación do estudio “Ourense, clave da lonxevidade. O fenómeno das persoas centenarias”. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. Tamén participan Robero Fernandez  e Pablo García (responsables do estudo) e as centenarias Laura Fernández e Elisa Soria.
O presidente provincial, Luis Menor, intervén na xornada de presentación do estudio “Ourense, clave da lonxevidade. O fenómeno das persoas centenarias”. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. Tamén participan Robero Fernandez e Pablo García (responsables do estudo) e as centenarias Laura Fernández e Elisa Soria.

NOTICIAS A LIMIA | Luis Menor anuncia novas medidas en teleasistencia e vivenda adaptada