viernes. 19.04.2024

Este xoves, 5 de xaneiro, será un día cheo de ilusión porque os Reis Magos chegarán para repartir agasallos nesta última data importante do Nadal. Na comarca visitarán varios puntos para que nenos e maiores poidan ver a Gaspar, Melchor e Baltar para facer peticións de última hora, regalos que igual aparecen ou non debaixo da árbore na mañá do venres.

A Limia prepárase para recibilos e a continuación recóllense algunhas das citas en varios concellos:

PORQUEIRA

  • Os Reis Magos chegarán ao concello ás 16:00 horas para visitar aos veciños.

 

VILAR DE BARRIO

  • Percorrido dos Reis Magos pola aldea de Arnuide para, posteriormente, entregar regalos aos cativos que previamente se inscribisen.

 

VILAR DE SANTOS

  • As súas Maxestades de Oriente chegarán á localidade ás 16:00 horas para facer un percorrido que comezará no centro de día e rematará na Casa do Concello ás 18:30 horas. Polo medio visitarán a escola de Laioso, a Breixome, o parque da Venda, o pilón de Toxediño, a aira de Outeiro, o exterior da igrexa de Parada, a entrada do Vieiro, o forno da Ponte/ O Mosqueiro, a escola de Casas da Veiga e o forno de Barrio.

 

XINZO

  • Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas da vila a partir das 18:30 horas.
  • Recepción das súas Maxestades na Praza Maior ás 20:00 horas, onde os cativos poderán falar con eles.

 

SARREAUS

  • Cabalgata de Reis que comezará ás 17:00 horas na gasolinera da rúa de Ourense e rematará no Tele-Club, onde os nenos recibirán os seus agasallos. A Banda de Gaitas do Concello de Sarreaus acompañará ás súas Maxestades neste percorrido.

NOTICIAS A LIMIA | Queres ver aos Reis Magos? Consulta aquí cando e onde estarán na...