domingo. 17.05.2026

Retómanse as negociacións cos sindicatos para chegar a un acordo e conseguir un convenio laboral único para os traballadores e traballadoras do concello de Vilar de Barrio.

Tras o parón nas negociacións ocorrido o ano pasado que, segundo explica o alcalde Manuel Conde, foi producido por "unha deslealdade de Comisións Obreiras porque ao mesmo tempo que estaba negociando, pediu o amparo á Inspección de Traballo e Seguridade Social de Ourense e houbo que facer alegacións que foron tidas en conta".

A primeira mesa de negociacións tivo lugar este 18 de xullo, á que foron convocados unha representación unitaria do persoal e as organizacións sindicais máis representativas.

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Barrio, na procura dun acordo laboral para os traballadores