martes. 10.12.2024

Tras catro días sen rexistrar variacións en ningún dos concellos conformantes da Limia, no día de hoxe, as cifras de contaxios cambian.

Baltar confirma un novo caso por coronavirus e deixa de figurar entre os municipios da comarca que non presentaban positivos nos seus resultados. O concello levaba dende o pasado día dous de agosto sen confirmar contaxios e cos datos a cero.

Xinzo de Limia volta a súa inestabilidade tan característica e resta un caso, quedando cun total de catro positivos.

O resto de territorios da Limia mantéñense nunha excelente posición sen contaxios, a excepción de Trasmiras, que contínua cun só positivo.

Así queda o rexistro de contaxios por Covid - 19 na Limia o 28/09:

  • Baltar: 1 (+1)
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 0
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 0
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 1
  • Vilar de Barrio: 0
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 4 (-1)

CORONAVIRUS A LIMIA | Baltar rexistra un positivo tras case un mes sen contaxios