13:36 do 25 de outubro de 2021
A Limia continúa o seu lento percorrido para acadar o status de comarca libre de coronavirus. Na xornada de hoxe rexistra só tres casos en todo o territorio, entre os que se inclúen os Concellos de Xinzo e Porqueira.
Baltar resta un positivo e consegue voltar a súa posición de municipio libre da covid - 19. A última vez que estivera nesa boa situación fora o día 27 do pasado mes de setembro. Con el ascende a nove o número de membros da Limia que non presentan positivos nas súas cifras
O Concello de Xinzo de Limia disminúe lentamente os contaxios -neste caso un- acadando un só positivo. Pola contra, Porqueira segue a manterse estable rexistrando un total de dous casos de coronavirus.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 25/10:
- Baltar: 0 (-1)
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 2
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 0
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 0
- Vilar de Barrio: 0
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 1 (-1)