jueves. 25.04.2024

A Confederación Ecoloxistas en Acción denuncia o mal estado no que se encontra actualmente o caudal do encoro do Río Salas e as augas abaixo do mesmo. A presa non está a liberar auga suficiente para garantir o caudal ecolóxico o que pode chegar a perxudicar e pór en risco a flora e fauna que habita no río.

Acusan á entidade Naturgy, que conta cunha instalación hidráulica en dita zona, de ser a causante desta irresponsabilidade ambiental antepoñendo os beneficios da empresa a costa da biodiversidade que habita no río e arredores.

 

É por este motivo que a organización ecoloxista solicitou á Confederación Hidrográfica do Miño - Sil os datos das estacións de aforo do encoro co fin de poder corroborar cal é o nivel do mesmo.

A Confederación tamén sinalou a necesidade de revisar o Plan Hidrolóxico Miño - Sil para levar un maior control e cáculo dos caudais, por exemplo cambiando a revisión trimestral que se aplica pola mensual.

 

MEDIOAMBIENTE BALTAR | A Confederación de Ecoloxistas en Acción acusa a Naturgy de...