viernes. 26.04.2024

A asociación do Couto Mixto, xunto aos Concellos de Calvos de Randín e de Baltar, acaban de organizar unha pequena camiñada gratuita para amosar a historia dos territorios que eran conformantes do Couto Mixto. A andaina terá lugar o vindeiro sábado nove de outubro ás 10:30 horas da mañá, partirase dende a rúa Os Pereiros Nº 2, en Meaus -Baltar- .

Durante o traxecto visitaranse tres pobos que foran pertencentes ao Couto Mixto, Meaus, Santiago de Rubiás e Rubiás. En cada unhas das aldeas farase unha breve parada na que membros da asociación cultural Platea Lua explicarán dun xeito ameno e humorístico a historia do territorios. O contido da obra será unha sorpresa abraiante.

En total percorreranse uns sete kilómetros de traxecto, cunha duración que se irá adaptando ao ritmo dos participantes. Dende Meaus irase ata a Casa do Xuiz de Rubiás, e dende alí ata o ático da Igrexa de Santiago de Rubiás para finalmente voltar de novo ata Meaus.

Para as 18:00 horas da tarde organizouse unha sesión musical co grupo ourensá Mitocondrias, os cales xa levan máis de 30 anos en escea ofrecendo concertos de rock. En caso de haber un bo número de asistentes e gozar dun ambiente animado é probable que aparezan novas sorpresas musicais.

O aforo na camiñada e na oferta musical estará limitado por mor da normativa covid. É por iso que se debe realizar unha inscrición previa chamando ou escribindo ao 696 62 39 60, ou ben mediante email á dirección [email protected].

NOTICIAS A LIMIA | Andaina teatralizada para coñecer a historia do Couto Mixto en Baltar