sábado. 05.10.2024

Tres unidades do parque Bombeiros de Xinzo de Limia e unha unidade de soporte vital básico do 061 desprazáronse esta mañá para atender unha emerxencia na parroquia de Gomariz (Baltar). Un home de 74 anos, con certos problemas de mobilidade, sufriu unha caída na súa casa e avisou a un veciño porque non se daba levantado.

Ás 8:50 horas, este veciño deu aviso aos servizos de emerxencia. A presenza dos bombeiros foi requirida para acceder á vivenda. Os sanitarios atenderon o home e valoraron o seu estado antes de sacalo en padiola e proceder ao seu traslado. O home ía consciente. O alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, que se achegou até Gomariz, mostrou o seu enfado porque o dispositivo sanitario non incluíra un médico. Ao parecer no PAC de Xinzo esta mañá só había un médico de garda.

Emerexencia en Gomariz Baltar pola caída dun home na súa casa (2) (FILEminimizer)Casa de Gomariz onde se produciu o accidente doméstico. | FOTO: Diario do Limia.

 

 

 

NOTICIAS A LIMIA | Bombeiros e 061 acoden ao rescate dun home que caeu na súa casa en...