Sábado. 26.11.2022
Prevese que as obras rematen o ano que vén

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Baltar e a Xunta investirán uns 50.000 euros na reforma do centro de saúde do concello

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o tenente alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo López.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o tenente alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo López.

Esta mañá, o tenente alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo López, reuniuse co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Recursos Económicos, María Jesús Piñeiro Bello para tratar o tema da reforma do centro de saúde de Baltar. 

O obxectivo da xuntanza foi asinar o acordo bilateral que conterá as bases para o financiamento das obras de renovación do recinto médico da localidade. A reparación consistirá principalmente na sustitución integral da cuberta do edificio e na colocación dun falso teito coa súa correspondente instalación lumínica. Prevese que os veciños do concello poidan desfrutar do novo centro de saúde a partires do ano que vén.

O investimento do proxecto é de case 50.000 euros, concretamente 48.366. Unha cifra que será cofinanciada a partes iguais polo Concello de Baltar e a Xunta.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Baltar e a Xunta investirán uns 50.000 euros na...
comentarios