viernes. 26.04.2024

Uns minutos antes das 13:00 horas do mediodía de hoxe produciuse en Baltar unha colisión entre dous vehículos, un deles con matrícula portuguesa e outra española. O accidente deuse concretamente no km 1 da carreterira OU - 1110,  unha recta que conecta Baltar con Calvos de Randín.

Afortunadamente non houbo feridos pero tívose que tasladar en ambulancia ao Centro de Saúde de Verín a unha das tripulantes do vehículo portugués por prevención debido a que se encontraba en cinta.

Ata o lugar do suceso desprazáronse activos da Garda Civil e Tráfico, Protección Civil de Baltar, o servicio do emerxencias 061 e os Bombeiros do Consorcio Provincial do Parque da Limia.

ÚLTIMA HORA BALTAR | Trasladada ao hospital de Verín unha embarazada que sufriu un...