miércoles. 24.04.2024

Boas novas para os veciños do concello de Calvos de Randín, o municipio amencía hoxe cun caso menos de contaxios por Covid - 19. Esta baixada nas súas cifras sitúano dentro dos sete pobos conformantes da comarca da Limia que presentan cero positivos, entre os que se encontran Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Porqueira, Sarreaus e Vilar de Santos.

Xinzo de Limia tamén recibe boas noticias nesta xornada, o concello comeza de novo a disminuir en contaxios e rexistra un caso menos, quedando con só cinco positivos en total. O 13 de setembro figura como o último día no que a vila presentaba os mesmos resultados.

Así queda o rexistro de contaxios por Covid - 19 na Limia o 20/09:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0 (-1)
  • Porqueira: 0
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 1
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 1
  • Vilar de Barrio: 1
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 5 (-1)

CORONAVIRUS A LIMIA | Calvos de Randín sitúase entre os concellos con cero contaxios