miércoles. 09.10.2024

Ás 4:40 da madrugada do día de onte, a garda civil de Calvos de Randín recibía un aviso de urxencia no que se informaba dunha agresión nunha das rúas do concello.

No lugar do suceso atopouse a B.A.J., un mozo de 24 anos que sufrira queimaduras graves -na cara e nas mans- por un posible ataque cun líquido inflamable. Según declaracións da vítima, un amigo seu rociárao previamente con gasolina e tiráralle un misto encendido.

Ata o lugar do incidente trasladáranse os servicios sanitarios do 061, os cales o atenderon e levaron ata o CHUO. Posteriomente foi derivado á Coruña, donde sigue ingresado por posibles feridas internas.

A garda civil identificou ao presunto autor, un veciño de 58 anos de Tourem que negou todos os feitos. As investigacións continúan, e o implicado está citado para acudir ás dependencias da garda civil de Calvos de Randín.

Tanto a vítima coma agresor contan con antecedentes policiais.

NOTICIAS A LIMIA | Préndenlle lume a un veciño de Calvos de Randín en plena rúa