miércoles. 06.11.2024

A Consellería de Medio Rural acaba de confirmar a extinción do incendio forestal que afectou ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés na parroquia de Randín, no concello de Calvos de Randín. O lume, que se iniciou na tarde do domingo, cruzou a fronteira dende Portugal, onde comezou ás 17:24 horas.

 

A extinción confirmouse ás 14:27 horas de hoxe e a superficie afectada é de 0,02 hectáreas de monte raso dun espazo natural protexido. Na madrugada, o lume foi controlado e os medios da Xunta colaboraron cos portugueses para controlar as lapas no país veciño. En total mobilizáronse 4 axentes, 5 brigadas e 2 motobombas.

NOTICIAS A LIMIA | Extinguido o lume que afectou ao Xurés en Calvos de Randín