8 de octubre de 2021, 9:42
A Consellería de Medio Rural acaba de informar dun incendio producido no concello de Calvos de Randín durante a noite deste xoves.
O lume iniciárase sobre as 20:45 horas e en tres focos diferentes, quedando controlado aproximadamente unha hora despois do seu comezo, sobre as 21:44. Calcúlase que resultaron afectadas unhas 0.18 hectáreas de monte raso, as cales están incluídas dentro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.
Para o control do fogo participaron tres brigadas, dúas motobombas, e un axente forestal.