viernes. 04.10.2024

A Garda Civil de Calvos de Randín detivo onte a un veciño de Portugal, de 59 anos de idade, como presunto autor dos feitos acontecidos o pasado día 13 de setembro á madrugada nunha rúa de Ponte Linares.

Ao acusado impútanselle os delitos de lesións, xa que a vítima, un mozo de 24 anos de Calvos de Randín, fora agredida cunha sustancia inflamable que lle deixara diversas queimaduras no rostro. Según declaracións do rapaz, o seu amigo rociárao previamente con gasolina e tiráralle un misto encendido.

Según o xulgado de instrución de Bande, o detido presentouse voluntariamente no cuartel tras ser requerido.

NOTICIAS A LIMIA | Detido o presunto autor que lle prendera lume a un veciño de Calvos...