24 de noviembre de 2021, 13:56
A Asociación Pro Animales Xinzo vén de informar de que a femia mastín da granxa de Calvos de Randín -na que había varios animiais en estado de abandono- xa conta cun fogar definitivo.
A cadela, que era usada para a cría descontrolada, atópase agora nunha casa na que lle proporcionarán todos os coidados requeridos. Casualmente, estará convivindo xunto ao mastín macho que fora rescatado con anterioridade da granxa.
A entidade amosou o seu profundado agradecemento a todas as persoas que colaboraron para que o rescate dos animais se fixera posible, tanto aos veciños, familiares, amigos e principais intervintes da operación, coma aos medios de comunicación; nomeando ao xornal Diario do Limia por facer eco da noticia.