sábado. 20.04.2024

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite a demanda duns veciños de Rairiz de Veiga contra o procedemento seguido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e anula a avaliación do impacto da ampliación dunha granxa de polos no lugar de Santa Mariña de Congostro. A granxa  é propiedade de Camilo Fernández Freire, concelleiro do PP no goberno local de Rairiz de Veiga, a través da empresa Cavirsa Freire.

Os denunciantes levaron o caso até o TSXG despois de ter presentado alegacións ao informe de impacto ambiental nas que alertaban de que a súa vivenda está a escasos cincuenta metros da nave prevista na ampliación. As alegacións non recibiron resposta por parte da Administración nin o documento de impacto ambiental facía mención á existencia da vivenda nas proximidades nin avaliación ningunha dos posíbeis impactos na saúde e na calidade de vida. 

A granxa foi ampliada entre o 2019 e o 2020 coa construción dunha segunda nave que entrou en produción despois do verán e xa leva tres camadas, segundo o matrimonio denunciante. A segunda nave é un rectángulo de 19,40 metros de ancho e 85 de largo. Coa ampliación, a granxa pasou de criar 22.932 polos a 47.970, co conseguinte aumento dos olores en prexuízo do matrimonio denunciante.

“A granxa inicial xa foi ampliada unha vez”, explica o home mentres sinala o tellado gris da nave A este venres para o Diario do Limia. “Fixeron outro tanto como o que tiñan e achegáronse máis á nosa casa. Despois, empezaron co proxecto da segunda nave. Protestamos, pero nin a Xunta nin o Concello de Rairiz nos fixeron caso. Tratáronos moi mal”.

A familia non foi a única parte afectada que presentou alegacións. Tamén o fixeron o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), moi activos estes últimos anos na denuncia da contaminación das augas superficiais e acuíferos da comarca. 

O xuíz aceptou a demanda, e contra esta sentenza cabe recurso diante do Tribunal Supremo. E de esperar que a Xunta recorra. Mentres, os ventiladores na granxa seguirán funcionando.

Mais a ampliación seguiu adiante. Pasou o trámite administrativo. E cando a Xunta foi requirida polos xuíces do TSXG, argumentou que “los documentos aportados por el promotor cumplen los requisitos necesarios para estimar la solicitud, habiendo informado favorablemente por el Organismo de Cuenca [a Confederación Hidrográfica Miño-Sil]”, segundo se le na sentenza.

Granxa de polos en Rairiz. Ampliación. TSXG (7)As dúas naves da granxa (ao fondo, a parte ampliada), xunto ao peche vexetal da vivenda dos demandantes.

A consellería tampouco atendeu a solicitude dos demandantes para ser considerados parte interesada no procedemento. Fixeron dúas peticións, en setembro e en outubro de 2019, sen recibir resposta. O 15 de outubro a Xunta asinou a resolución favorábel do informe de impacto ambiental.

A VENTILACIÓN DAS AVES

O promotor construíu a segunda nave, en paralelo á primeira, moi próxima a parte traseira da vivenda, dun pequeno xardín e dos terreos que foi adquirindo o matrimonio detrás da súa casa. A edificación está rematada por un conxunto de doce grandes ventiladores que se abren regularmente para ventilar a nave de cría.

“O olor é persistente sobre todo no verán. Ao mellor non é todo o día, pero nótase en calquera momento. E cando abren os ventiladores, resulta insoportábel. Ciscan todo por aí e queda no aire”, lamenta o matrimonio. Foron emigrantes en Euskadi e antes volvían só en determinadas épocas do ano. Nos últimos anos as estancias son cada vez máis prolongadas. O home manexa un tractor e o xardín da contorna está moi coidado. Salvo a cuberta vexetal traseira, que está a medio podar.

“O olor é persistente sobre todo no verán. Ao mellor non é todo o día, pero nótase en calquera momento. E cando abren os ventiladores, resulta insoportábel”, di o afectado.

“O da granxa comprou esta parte do terreo e meteu un valado metálico. Tapoume o paso desde os dous lados da casa”, explica o home no momento en que se abre un dos ventiladores da nova nave de polos. “Levan tres camadas, se son uns 55 días por camada, bote contas, levan en produción desde o verán”. Para el non hai outra xustiza que non pase por derrubar a nave B. “E se fai falta, chegaremos até Europa. Agora xa o saben”.

O seu avogado pediu a nulidade de pleno dereito do procedemento administrativo por terse vulnerado os dereito de información e participación no procedemento de avaliación ambiental dos seus representados. O xuíz aceptou a demanda, e contra esta sentenza cabe recurso diante do Tribunal Supremo. E de esperar que a Xunta recorra. Mentres, os ventiladores seguirán funcionando.

NOTICIAS A LIMIA | O TSXG paraliza a ampliación da granxa dun concelleiro do PP en...