viernes. 19.04.2024

A Federación Galega de Fútbol publicou hoxe o calendario das ligas de Segunda galega. No Grupo III de Ourense, os equipos limiaos xa coñecen os emparellamentos para o seu debut a segunda fin de semana de setembro: Sporting Sarreaus-Rocas, Parada do Sil-Antela B, Espadana-Piñeira Seca e Molgas-Vilar de Barrio


A primeira xornada complétase cos partidos: Rúa-Viana, Bubal-Maceda e Trives-Vilamartín. Descansa o Vilardevós. O grupo está composto por 15 equipos. O Sporting Sarreaus, equipo de nova creación, debutará na casa contra o Rocas. Ambos equipos forman parte do conxunto de clubs que xogan en campos de terra, a metade do grupo. 


Entre os clubs limiaos, Antela B (que ocupa a praza das Escolas Deportivas de Xinzo) e o Piñeira Seca aspiran ao ascenso. Os da Moreira, que utilizarán o campo sintético Fernández Carrera, disporán de xogadores que baixen do primeiro equipo. O Piñeira Seca xa pelexou até as xornadas finais por unha praza na promoción de ascenso. 


Adestrado por Toncho, o Antela B recibirá ao Rúa e visitará ao Viana, outros candidatos ao ascenso, nas dúas xornadas seguintes. O Piñeira Seca completará o mes de setembro medíndose ao Molgas no Touzal e visitando ao Bubal en Oímbra. 


O Vilar de Barrio, despois do partido en Molgas, recibirá ao Bubal e xogará na terceira xornada en Parada do Sil. Pola súa banda, o Sporting Sarreaus disputará a segunda xornada en Vilardevós e na terceira recibirá a visita do Vilamartín.

O Vilar de Barrio e o Sarreaus disputarán un amistoso o próximo 30 de agosto, martes, no campo da Corga (18:30 horas). Antes, este próximo mércores (día 24), o Piñeira Seca e o Antela B xogarán tamén un amigábel.

v Barrio _ Sarreaus (FILEminimizer)

AVANCE | Antela B, Piñeira Seca e Vilar de Barrio debutan como visitantes na Liga de...