Luns. 05.12.2022
O equipo de Óscar Sabucedo disputará o primeiro derbi ourensán tamén na casa, o 13 de novembro contra o Verín

AVANCE | O Antela debutará na Liga diante do Pontevedra B na Moreira

antela ascenso
Celebración do ascenso na Moreira o pasado mes de maio. | FOTO: Noelia Caseiro

O sorteo do calendario das Ligas de Preferente, celebrado onte na sede da Federación Galega de Fútbol, determinou que o Antela arranque a competición diante do Pontevedra B, na Moreira, en partido previsto para o próximo 11 de setembro. O resto da primeira xornada no grupo sur da categoría deixou os seguintes emparellamentos: Juvenil Ponteareas-Cambados; Porriño Industrial-Barbadás; Verín-Atlético Arnoia; Vilalonga-Pontellas; Valadares-Moraña; Atios-Portonovo; Beluso-Racinga Castrelos; Céltiga-Ribadumia; e Umia-Cultural Areas.


Na segunda xornada, a disputar a fin de semana seguinte, o Antela renderá a primeira visita da Liga ao Ribadumia no campo da Senra. O equipo de Óscar Sabucedo completará setembro recibindo ao Cultural Areas o último domingo do mes. 


En outubro, o Antela xogará dous partidos consecutivos fóra da casa: na Illa de Arousa diante do Céltiga (o día 2), e en Barrantes co Umia (o día 9). Despois recibirá na Moreira ao Beluso (día 16), visitará en Porriño ao Atios (día 23) e rematará o mes, o día 30, co Valadares na Moreira.


O primeiro derbi co Verín, e tamén o primeiro enfrontamento con equipos ourensáns, producirase na Moreira o domingo 13 de novembro. Antes, os de Sabucedo xogarán en Vilalonga a xornada 9 de competición. Os seguintes partidos contra equipos ourensáns celebraranse de maneira consecutiva e con escasa marxe de tempo. Será no mes de decembro, na ponte da Concepción, co choque na Moreira diante do Barbadás o día 8 e coa visita ao Arnoia o día 11.


O Antela xogará o último partido de 2022, na xornada 15, diante do Pontellas na Moreira. A primeira volta de competición rematará o 22 de xaneiro coa visita a Vigo para xogar diante do Racing Castrelos. O Antela pechará a Liga na Moreira coa visita dos vigueses o 28 de maio.


O CALENDARIO DO ANTELA
Primeira volta:
Xornada 1. ANTELA F.C. - PONTEVEDRA C.F. "B"
X2. C.D. RIBADUMIA - ANTELA F.C.
X3. ANTELA F.C. - CULTURAL AREAS
X4. CELTIGA C.F. - ANTELA F.C.
X5. UMIA C.F. - ANTELA F.C.
X6. ANTELA F.C. - C.D. BELUSO
X7. U.D. ATIOS - ANTELA F.C.
X8. ANTELA F.C. - C.D. VALLADARES
X9. VILLALONGA F.C. - ANTELA F.C.
X10. ANTELA F.C. - VERIN C.F.
X11. PORRIÑO INDUSTRIAL F.C. - ANTELA F.C.
X12. ANTELA F.C. - S.D. JUVENIL PONTEAREAS
X13. JUV. CAMBADOS - ANTELA F.C.
X14. ANTELA F.C. - U.D. BARBADAS
X15. ATLETICO ARNOIA - ANTELA F.C.
X16. ANTELA F.C. - C.D. PONTELLAS
X17. MORAÑA C.F. - ANTELA F.C.
X18. ANTELA F.C. - PORTONOVO S.D.
X19. RACING CASTRELOS F.C. - ANTELA F.C.

AVANCE | O Antela debutará na Liga diante do Pontevedra B na Moreira
comentarios