jueves. 25.04.2024

O Antela volveu encaixar un gol no primeiro minuto de xogo e foi a remolque durante todo o partido despois de volver encaixar no minuto 23. Na segunda parte, Sabucedo deu entrada a Breixo e Xosé, e o Antela recortou distancias cun tanto de Quintairos.

Mais no tramo final o Ribadumia volveuse impor e anotou dous tantos máis para asinar a goleada da xornada. O Antela recibirá o próximo domingo na Moreira ao Cultural Areas, que figura como líder da clasificación con dúas vitorias, igualado co Atlético Arnoia. O Barbadás empatou na casa, e o Verín fóra.

Na segunda parte, Sabucedo deu entrada a Breixo e Xosé en lugar de Lamas e Tazos.

O once do Antela en Ribadumia(FILEminimizer)
Fabio, Carlos, Pedro, Quintairos, Teixeira, Suso; Tazos, Romero, Borja, Xabi Lamas e Joni (capitán). | FOTO: Antela F.C.

O Antela e colista xunto ao Moraña e o Rácing Castrelos, os outros dous ascendidos, que aínda non sumaron.

 

FICHA TÉCNICA

Ribadumia: Roberto, Horacio, Martín, Bustelo, Brais, David Gómez, Cerqueiras, Facundo, Diz, Durán e Pablo López.

Antela: Suso, Romero, Teixeira, Quintairos (Juáncar, 79’), Tazos (Xosé, 46’), Xabi Lamas (Breixo, 46’), Fabio, Pedro, Carlos (Sergi, 86’), Borja (Tumbeiro, 83') e Joni.

Goles: 1-0, m.1: Cerqueiras; 2-0, m. 23: David Gómez; 2-1, m.64: Quintairos; 3-1, m. 78: da Silva; e 4-1, m. 86: Facundo.

Árbitro: Jesús Piñeiro. Auxiliares: Pablo Botana e Agustín Hernández. Mostraron tarxetas amarelas a Durán (50') e Bustelo (81’), polos locais; e a Fabio (47') e Xosé (77'), polos visitantes. 
 
Incidencias: Campo da Senra. Antes do comezo do partido os xogadores e o público ovacionaron a Dani Pérez, un xuvenil do Antela que sufre unha grave enfermidade. 

CLASIFICACIÓN 

AVANCE | Primeira saída, segundo pau