sábado. 20.04.2024

Esta mesma tarde, a un mes do inicio da competición, o equipo de Óscar Sabucedo debutará na pretempada diante do Loñoá, conxunto de Primeira galega. O partido xogarase na Moreira a partir das 21:00 horas e a entrada será de balde. O Antela empezou o traballo hai unha semana e nestas primeiras sesións o cadro técnico está incidindo na preparación física. 

As afeccionadas e os afeccionados do Antela poderán ver esta tarde ás 11 novas incorporacións do primeiro equipo neste inicio de tempada. Son o porteiro Dalama, os defensas Juáncar e Romero; os mediocampistas Adrián, Fabio, Noel e Xosé; e os dianteiros Peral, Carlos, Anxo e Tumbeiro. Entre eles, Tumbeiro, Peral, Fabio, Noel, Romero e Dalama vestirán por vez primeira as cores branquinegras.

O Antela presenta 11 novos futbolistas: o porteiro Dalama, os defensas Juáncar e Romero; os mediocampistas Adrián, Fabio, Noel e Xosé; e os dianteiros Peral, Carlos, Anxo e Tumbeiro. 

O calendario de competición en Preferente sortearase hoxe na sede da Federación Galega de Fútbol na Coruña. Os clubs xa coñecen as datas dos partidos. Haberá 16 citas antes de final de ano e a primeira volta de competición completarase o 22 de xaneiro. 

Os rivais do Antela son os equipos ourensáns do Arnoia (descendido de Terceira), o Barbadás e o Verín; así como os pontevedreses Ponteareas (descendido de Terceira), Pontevedra B, Portonovo, Umia, Cultural Areas, Vilalonga, Pontellas, Ribadumia, Beluso, Atios, Porriño Industrial, Cambados, Valadares, Céltiga, Moraña e Racing Castrelos (estes dous últimos, ascendidos como o Antela, desde Primeira galega).

Sesión preparatoria do Antela, a semana pasada. IMAXE Antela F.C. (FILEminimizer)
Sesión preparatoria do Antela, a semana pasada. | IMAXE Antela F.C.

O calendario de competición en Preferente sortearase hoxe na sede da Federación Galega de Fútbol na Coruña.

Cristian Dalama. Antela. Porteiro
Cristian Dalama. | IMAXE: Antela F.C.

SEGUNDO PORTEIRO
O Antela pechou a pasada semana o acordo co gardameta Cristian Dalama, Ochotorena, procedente do Raio Alaricano, mais con raíces en Xinzo de Limia. Dalama, que compatibiliza o fútbol co fútbol sala, xogou no Boado e no Piñeira Seca en Segunda galega, antes de formar parte do Raio Alaricano a pasada tempada en Primeira galega. Disputou 13 partidos como titular. Empeza como reserva de Suso.

Oferta carnés
Prezos dos abonos para a tempada 2022-2023.  | IMAXE: Antela F.C.

SOCIAS E SOCIOS
A entrada para o encontro amistoso na Moreira desta tarde é de balde. O club iniciou a campaña de renovación de abonos e captación de novas socias e socios. Vai camiño de alcanzar os 200 socios a un mes para que comece a Liga, segundo informa a directiva. O prezo do carné é de 50 euros. Con descontos para familias: 90 euros (2 persoas) e 130 euros (3 persoas). O carné para menores de 25 anos custa 30 euros. Os menores de 18 terán entrada de balde durante toda a tempada.

FÚTBOL A LIMIA | O Antela debuta diante do Loñoá a un mes do arranque da Liga en...