viernes. 19.04.2024

Juan Guede, dianteiro centro que formaba parte do Allariz (Primeira galega) co que disputou tres partidos, sempre saíndo desde o banco, no que vai de tempada, é o novo xogador do Antela. Chega para suplir a saída de Sergi. Guede ten experiencia na categoría: xogou no Velle e no Verín, e tamén en dous equipos da mesma división en Valencia. 

O futbolista, formado na canteira do Pabellón de Ourense, leva dous anos sen xogar apenas partidos de competición por motivos laborais. Fichado polo Verín en xullo de 2020 procedente do Pego (Preferente valenciana), disputou 3 encontros oficiais a tempada 2020-21. Na pasada campaña, co Allariz na Primeira galega, tan só xogou dous encontros.

O Antela, que xa o tivera como obxectivo este verán, retomou as negociacións con Guede en canto cambiou a súa situación laboral. O martes estará a disposición de Óscar Sabucedo e podería debutar este próximo mércores no partido de Copa Deputación que o Antela disputará nos Remedios (17:00 horas) contra o primeiro equipo do Pabellón.

 

FÚTBOL A LIMIA | O Antela ficha a Juan Guede, dianteiro centro do Allariz