viernes. 19.04.2024

A cuarta fichaxe do Antela é Carlos López Sánchez, un media punta de 23 anos natural de Xinzo; o primeiro reforzo limiao para o primeiro equipo. Carlos López formouse nas categorías inferiores do club e debutou en co Antela en Primeira na tempada 2015-16. 


Dous anos despois, con 18, fichou pola U.D. Ourense e xogou 13 partidos (4 como titular) en Preferente. Na campaña seguinte regresou ao Antela, para xogar tamén en Preferente. Ese ano foi titular en 33 partidos, marcou 11 goles e sumou case 3.000 minutos. Na campaña 2019-20 foi recuperado pola UD. Estivo dous anos en Terceira, e na pasada Liga estreouse, tamén en Terceira, co Ourense C.F. Unha lesión na tibia cortou a súa traxectoria.


O Antela confirmou onte a renovación de Sergio Rodríguez, Sergi, dianteiro de 25 anos que foi titular con Óscar Sabucedo. Sergi ten experiencia en Preferente con tres equipos diferentes (Ourense C.F., Nogueira de Ramuín e Velle). Rematou a pasada tempada con 1.338 minutos xogados en 20 partidos disputados. 


Sergi foi o penúltimo dos titulares en renovar. O club negocia esta xoves con Borja Tazos, o lateral esquerdo de 32 anos que completou unha tempada notábel ás ordes de Óscar Sabucedo. O defensor ten experiencia dabondo en Preferente (con cinco equipos diferentes). É un futbolista do agrado de Sabucedo e da Moreira. 


A continuidade de Sergi e as dúas últimas fichaxes, Miguel Peral e Carlos López, súmanse a unha dianteira na que seguen Joni, Borja e David Lamas. O Antela mostrou tamén interese por Rivero, extremo limiao do Barbadás. 


O club traballa en reforzar máis a defensa e o centro do campo. Para a zaga o obxectivo é Juancar, outro futbolista con traxectoria no Antela, moi do agrado da directiva. 

FÚTBOL A LIMIA | A cuarta fichaxe, o primeiro limiao: Carlos López, ex dianteiro da...