Xoves. 28.03.2024

Hai derrotas gozosas porque o importante é o que pasa antes. Hai derrotas que se honrarán porque definen un carácter. O Antela desta tempada non será recordado como un equipo campión (que o foi) senón como un equipo dunha vontade indomábel, firme e obstinado. É o selo de Óscar Sabucedo, un estilo, unha promesa de que o que está por vir será mellor.

Chegaba o Barbadás á Moreira para colocar o listón máis arriba do que estivo nunca este ano. Arrancaron os de Agustín Ruiz despregando físico e control. Solvencia. Sentíndose superiores diante dun Antela axitado como un novato no primeiro día do curso. O Antela corría, empurraba, saltaba, tocaba sempre un punto por debaixo. Custoulles un bo treito aos locais asentarse no partido. Convencerse de que estaban xogando de ti a ti co Barbadás

Carrasco, sorpresa no once, deu un bo ton no medio campo. Activou rápido a Xabi Lamas. Pedro estivo algo máis perdido. Os extremos quedaron apagados polos seus pares. Malia todo, o Antela non sufriu. Estaba case convencido de que podía... 

Foron espertando os extremos. E Pedro. Chegaron as ocasións, e mesmo Borja tivo un remate de cabeza limpo para recortar distancias xusto antes de que o árbitro pitase o final da primeira parte.

E xusto neses momentos, dous erros, dous goles en contra. O Barbadás meteu a eliminatoria no seu peto case sen apurar. O Antela tivo que se enroscar ao partido. Un exercicio de vontade. Seguiu correndo, empurrando, saltando... sen reparar no resultado. Foron espertando os extremos. E Pedro. Chegaron as ocasións, e mesmo Borja tivo un remate de cabeza limpo para recortar distancias xusto antes de que o árbitro pitase o final da primeira parte.

O Antela acabou mellor a primeira metade e máis calmado, con máis confianza, tiña plan para a segunda parte: xogar. A intención durou 7 minutos. Carrasco viu a segunda amarela. O árbitro expulsou tamén ao adestrador local. Pedro tivo que atrasar a súa posición para apoiar a Xabi Lamas. O Antela fixo de novo o esforzo de se enroscar ao partido. Agora, con menos homes no campo, con menos tempo por diante. Foi un exercicio supremo de vontade, de convicción.

O Barbadás deixouse ir e apañou un gol. Pedro machacou a rede cunha volea no segundo pau tras o lanzamento dun córner. Foi unha puñada dun boxeador que se resiste ao k.o.

Con David Lamas no lateral por lesión de Peque, con Xabi rebentado polos quilómetros e os golpes, o Antela quedou en mans de Pedro e Joni (e Suso atrás). Pero o equipo de Óscar Sabucedo, que empezara o partido pedindo permiso, foi a polo Barbadás. Rompeu Pedro pola esquerda nunha contra e puxo o balón na área pequena. Gol en propia meta. Empate. A Moreira celebrou a xesta.

O equipo segue crecendo e gañando confianza. Cada día parecen un pouco mellores. Ás veces iso dará para gañar, outras non. E a nova vida do Antela. Promete. 

Despois, nos penaltis, o Barbadás estivo mellor. Gañou a eliminatoria, e agora é o gran favorito para levantar a Copa. 

O Antela pecha ano do ascenso sentíndose equipo de Preferente, cun partido grande diante dun rival grande. O equipo segue crecendo e gañando confianza. Cada día parecen un pouco mellores. Ás veces iso dará para gañar, outras non. E a nova vida do Antela. Promete. 

FICHA TÉCNICA: aquí.

Último once do Antela esta tempada. FOTO Antela
Último once do Antela esta tempada: Borja, Quintairos, Pedro, Breixo, Suso, Joni, Tazos, Sergi, Xabi, Carrasco e Peque. | FOTO: Antela.

FÚTBOL A LIMIA | Digno final para unha gran tempada