viernes. 19.04.2024

A Federación Galega de Fútbol publicou a noite pasada un calendario da fase de ascenso a Preferente que non se corresponde co enviado aos clubs. Este martes, a Federación Galega non admitiu o erro, malia que non foi o Diario do Limia o único medio que foi levado á confusión. 

A fase de ascenso constará de 8 xornadas (e non 14) e os equipos que se enfrentaron na primeira fase non volverán a medirse. O Antela, que competiu no Grupo B, medirase aos equipos clasificados desde o Grupo A.

O Antela empeza xogando contra o Atlético Vilariño este domingo na Moreira. Despois visitará A Peroxa (27 de marzo), recibirá ao Maside (3 de abirl) e terminará a primeira volta coa visita a Carballiño (10 de abril). Durante a semana santa xogarase a Copa, e o 24 de abril o Antela comezará a segunda volta no campo do Vilariño.

A competición comeza co Celanova e o Peroxa con 5 puntos; o Allariz e o Vilariño, con 3; o Antela e o Carballiño, con 2; e o Barbadás B e o Maside, con 1 punto. A primeira xornada complétase cos partidos: Allariz-Carballiño, Celanova-Maside e Barbadás B-A Peroxa.

[Grazas á directiva do Antela por ternos advertido do erro na publicación anterior. Desculpas ás lectoras e aos lectores.

Sin título
Imaxe da noticia publicada esta mañá na que se indicaba que volvería haber partidos contra os rivais da fase anterior, tal e como aparecía no calendario publicado onte pola Federación.

FÚTBOL A LIMIA | A Federación publicou un calendario incorrecto da fase de ascenso