sábado. 13.07.2024

Este verán a programación deportiva será a verdadeira protagonista porque o Concello de Xinzo de Limia elaborou un plan de actividades como o pádel, rutas de BTT, andainas ou ximnasia rítmica para todos os veciños e visitantes da localidade. Todos estes deportes serán ao aire libre para minimizar o risco de contaxios pola Covid - 19. 

Cartel actividades deportivas para este verán en Xinzo de Limia.Cartel das actividades deportivas deste verán en Xinzo de Limia. 

Listaxe de actividades e datas:

  • Xinzo Fit poderase acuidir os martes, xoves e domingos dende o próximo 20 de xuño.
  • Campus de Tecnificación de Fútbol, para os nacidos entre o 2007 e 2015, e Campus de Baloncesto. Ambos dende o 28 de xuño ata o 2 de xullo. No primero caso será no campo de Moreira e o segundo no Pavillón de Deportes
  • Campamento 2021 para os nacidos entre 2008 e 2014 dende o 5 ao 30 de xullo. Poderán participar en actividades de orientación, senderismo, tenis ou distintos obradoiros. As prazas son limitadas. Todos os que queiran apuntarse poden facelo no Pavillón ou na Casa da Cultura
  • Campionato Galego de Orientación en BTT que poderán apuntarse os federados. Terá lugar o 18 de xullo no campo de A Moreira. Un día despois será o torneo de pádel sub-16. O 30 de xullo celebrarase o de pádel absoluto
  • Campus de Baloncesto Salva Arco e Campus de Fútbol Celta de Vigo. Serán a primeiros do mes de agosto. Nenos nacidos entre 2007 e 2015.
  • Andaina, Torneo de Fútbol Memorial Eloy Conde; Torneo de Fútbol Memorial Toñito; Campus de Ximnasia Rítmica e Gala do Deporte do Concello de Xinzo; Un 3x3 de baloncesto e outro de fútbol completarán o programa no mes de setembro. 

 

Todos estas actividades foron presentadas esta mañá no Parque Galicia pola alcaldesa, Elvira Lama, o concelleiro de Deportes, Rafa Penabad, acompañados polos representantes dos clubes deportivos. Lama celebra estas iniciativas porque "xa nos tocaba volver a presentar este tipo de iniciativas, despois dun ano terrible no que pasamos momentos moi complicados pola pandemia". Penabad asegurou que estas actividades poderían mover ao redor de 1.500 persoas. 

Prezos:

Mes de xullo: 100€ para os empadroados en Xinzo e 120€ para os non empadroados

Do 5 ao 16 de xullo: 60€ para empadroados en Xinzo e 70€ para os non empadroados.

Do 19 o 30 de xullo: 60€ para empadroados en Xinzo e 70€ para os non empadroados.

Para opter máis información pódese enviar un email a [email protected] ou chamando ao teléfono do Pavillón de Deportes: 988 46 10 20. 

Xinzo presenta a programación deportiva para este verán