jueves. 25.04.2024

Onte, luns seis de setembro, publicábase no BOP -Boletín Oficial de Ourense- as "bases reguladoras da concesión de subvencións para o mantemento da actividade económica e o emprego no termo municipal de Os Blancos, ante a crise sanitaria provocada pola Covid - 19".

Ditas axudas teñen coma obxectivo principal paliar os problemas derivados da crise económica provocada polo coronavirus, neste caso centrándose no sector hosteleiro. Cada establecemento do concello de Os Blancos poderá recibir unha contía de 300 euros.

Para optar ás subvencións, a persoa física ou xurídica que as solicite deberá demostrar que desenvolve unha actividade hosteleira dende antes do un de xaneiro do ano 2021. Ademais, teranse que cumprir outra serie de requisitos:

  • A actividade económica debe ser desenvolta por unha persoa autónoma ou unha pequena empresa.
  • O enderezo fiscal ou o local ten que atoparse no termo municipal de Os Blancos.
  • É obrigatorio estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Facenda Estatal, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Xunta de Galicia.
  • Non se pode ter ningunha débeda pendente co Concello de Os Blancos.

As instancias poderán realizarse a través da sede electrónica de Os Blancos e no rexistro do Concello -tamén serían aceptadas en calquera outro rexistro- . Darase coma tempo límite un prazo de 20 días hábiles a partires do día de hoxe.

Xunto coa solicitude asinada pola persoa interesada ou representante legal, deberase entregar tamén:

  • Fotocopia do DNI ou CIF.
  • Certificado actualizado da situación censal que indique a actividade económica coa dada de alta e o domicilio fiscal -ou do local de ser o caso- .
  • Documentación que acredite estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e coa Axencia Tributaria de Galicia.

NOTICIAS A LIMIA | Convocadas axudas de 300 euros para os hosteleiros de Os Blancos