martes. 19.05.2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este martes unha reunión de traballo coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado, en San Caetano.

No encontro participou tamén a directora territorial da Consellería, Pilar Fernández León. As responsables institucionais abordaron diferentes actuacións en materia de urbanismo co obxectivo de avanzar en proxectos que redunden na mellora da calidade de vida da veciñanza.

Desde o departamento que dirixe Martínez Allegue salientaron que se continúa prestando colaboración aos concellos galegos para impulsar intervencións que reforcen tanto o benestar cidadán como a competitividade económica.

A IMAXE DE... | Porqueira e a Xunta traballan en novos proxectos urbanísticos