jueves. 25.04.2024

Susana Vázquez Dorado pedía hoxe mediante un bando informativo urxente que todas aquelas persoas que estiveran en contacto con positivos facilitaran os seus datos ao concello para poderen realizarlles un cribado o antes posible.

A alcaldesa teme que moita da xente rexistrada coma positiva en Covid- 19 non gardara a cuarentena recomendada e fixera crecer o número de infectados en todo o concello. Con isto alerta de que as cifras de activos actuais poden non corresponderse cos casos reais se non realizan con mellor exactitude as probas PCR en aquelas persoas que sí estiveron en contacto cos positivos detectados.

A política chama á responsabilidade cidadá co obxectivo de poder detectar o antes posible casos infectados polo virus e prever e evitar unha situación de maior risco.

CORONAVIRUS A LIMIA | A alcaldesa de Porqueira, alarmada por un posible maior número de...