viernes. 26.04.2024

[actualización 10:45 horas do 13.05.22] A alcaldesa informou esta mañá que o servizo quedou restablecido ás 02:35 horas deste venres.

Un accidente durante unha corta de piñeiros nunha zona forestal da parroquia de San Lourenzo, en Porqueira, cando unha máquina que estaba traballando no monte danou un cable da liña de media tensión, provocou un apagón en todo o concello de Porqueira que ás once desta noite aínda non se reparara.


O cable ardeu durante un longo traxecto entre San Lourenzo e Fontemoura provocando dous conatos de incendio que foron extinguidos de inmediato. O accidente produciuse ao redor das 18:00 horas deixando sen luz á residencia de anciáns, entre outros servizos, e a todas as veciñas e veciños.

Incendio en Porqueira 1
Imaxe dun dos incendios provocados pola avaría no tendido eléctrico esta tarde en Porqueira.


De inmediato, Susana Vázquez, a alcaldesa, púxose en contacto coa subministradora e 5 horas despois continuaban os traballos para recuperar o servizo.


“Estou falando cada pouco con eles e xa se comprometeron a traer xeradores e dar luz na residencia e nos domicilios que o precisen por cuestións urxentes”, comentou Vázquez hai uns minutos ao Diario do Limia.

AVANCE | Porqueira, sen luz esta noite por unha avaría no tendido durante unha corta...