viernes. 04.10.2024

Despois de estar un mes sen presentar ningún contaxio por coronavirus, o Concello de Porqueira volta a poñerse en alerta ao rexistrar dous positivos novos. Exactamente. dende o pasado 13 de setembro, o municipio limiá pasaba a formar parte do grupo de territorios sen ningún caso activo, situación que cambiou na xornada de hoxe.

A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado, acaba de publicar un bando informativo dando a coñecer os datos actuais de contaxiados e no que anima á veciñanza a seguir mantendo toda a precaución necesaria para loitar contra o virus. 

Pola contra, o resto de concellos da Limia amosan un bo avance.  Baltar resta un positivo, rexistrando só un caso derivado da Covid - 29 en todo o territorio.

Xinzo de Limia continúa coa súa inestabilidade e tamén baixa un contaxio, quedando cun total de catro positivos.

O resto de membros da comarca da Limia permanecen invariables. Agora mesmo son oito os municipios que contan con cero casos activos nos seus resultados.

Así queda o rexistro de contaxios por Covid - 19 na Limia o 13/10:

  • Baltar: 1 (-1)
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 2 (+2)
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 0
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 0
  • Vilar de Barrio: 0
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 4 (-1)

CORONAVIRUS A LIMIA | Porqueira volve a rexistrar contaxios tras un mes libre de Covid...