sábado. 20.04.2024

Sobre as 18:55 desta tarde, o Servicio de Emerxencias de Ourense recibía o aviso dun veciño do concello de Porqueira no que informaba dun accidente de tráfico na estrada OU - 301.

O testigo dos feitos narrou o avistamento dun vehículo envorcar nunha leira do municipio, concretamente no punto kilométrico 13, a altura do lugar de Fontemoura e en dirección a Muiños. Ao parecer o condutor perdera o control do automóvil provocando a súa saída da vía e rematando estampado contra unha plantación.

Ata o lugar mobilizánronse os GES de Muíños, os bombeiros do Consorcio Provincial do Parque da Limia, o 061 das Urxencias Sanitarias e Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. Nada máis chegar á zona, os bombeiros encontraron ao accidentado xa fóra do vehículo e sen feridas graves -soamente presentaba un leve aturdimento polo suceso- .

NOTICIAS A LIMIA | Ferido ao envorcar co seu vehículo nunha leira de patacas