viernes. 19.04.2024

O pasado domingo oficiouse a última misa presidida polo párroco de Paradela de Abeleda, Manuel Crespo, coñecido pola veciñanza como "Don Manolo". Despois de máis de 50 anos nesta parroquia, o sacerdote xubílase para descansar e aparcar o seu labor como director espiritual desta localidade de Porqueira.

Entre bágoas despediuse dos seus fieis na súa última misa dominical, na que repartiu apertas para os veciños dos que se despediu tras acompañalos ao longo de medio século. O "cariño e amabilidade" será polo que sempre se recordará a "Don Manolo", quen bautizou, casou e despediu a moitos veciños de Paradela de Abeleda ao longo de todo este tempo.

A parroquia de San Xoán de Paradela queda orfa coa súa marcha, pero agora é tempo de descansar. Os veciños agradécenlle todo o que fixo pola aldea e sempre o cosiderarán un máis entre eles. "Queremos agradecerlle todos este anos de dedicación por este pobo e que desfrute da súa xubilación", sinalan.

NOTICIAS A LIMIA | Paradela de Abeleda despide a "Don Manolo" pola súa merecida xubilación