viernes. 13.12.2024

A Xunta de Goberno da Deputación, na súa reunión desta semana, aprobou a concesión de case medio millón de euros para concello, entidades sen ánimo de lucro e organizacións tanto culturais como deportivas por un importe de 478.000 euros. O Concello de Porqueira é un dos beneficiados, que recibirá 48.000 euros para sufragar os seus gastos de funcionamento.

Por outra banda, os concellos de Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Porqueira e Xinzo, xunto a outros 30 municipios da provincia, disporán dunha axuda para a organización de actividades culturais e recreativas, correspondentes ao 2023. Nesta reunión, tamén se acordou ampliar os prazos xerais de xustificación das subvencións concedidas en senllas bases das convocatorias ata o 15 de novembro.

O resto de decisións acordadas constan da concesión de axudas a 87 entidades sen ánimo de lucro, por valor de 100.000 euros. Sarabela Teatro disporá de 48.000 euros para organizar o FITO e a MITEU 2023, e a Fundación Ínsua dos Poetas para a Festa da Palabra recibirá 18.000. No deportivo, a Federación Galega de Baloncesto contará con 15.000 euros concedidos pola Deputación de Ourense para a Copa Baloncesto 2023.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Porqueira recibirá 48.000 euros para gastos de...