jueves. 25.04.2024

O primeiro sinistro nas estradas da Limia este martes de chuvia, o menos grave, tivo lugar na OU-301, á altura de Sabucedo, no concello de Porqueira, cando dous vehículos chocaron despois de que un deles manobrara para realizar un xiro á esquerda e abandonar a vía.

O turismo que realizaba a manobra, un modelo da marca Peugeot, foi alcanzado por detrás por un Seat Ibiza que circulaba na mesma dirección. Un particular informou ao 112 contra as 08:15 da mañá. No accidente non se produciron feridos.

O 112 lanzou a alerta e deu aviso a Protección Civil de Porqueira, a Tráfico e ao servizo de limpeza de vías

NOTICIAS A LIMIA | Accidente sen feridos na OU-301 en Porqueira