lunes. 09.12.2024

Pasados dez minutos das nove desta mañá, o servicio de Protección Civil de Porqueira avisaba da presenza de lume nunha explotación de forraxes en Fontemoura, no Concello de Porqueira.

Ao parecer, o dono das instalacións dera a voz de alarma ao ver lapas progadándose nunha serie de rolos de herba seca. Afortunadamente, éstos atopábanse fóra da zona de almacenado da colleita, polo que non se produciron danos materiais salvo os propios suxeitos da orixe do fogo.

A rápida actuación dos servizos de emerxencia, unido ao traballo do propietario da explotación, consegueu apagar o lume case unha hora e media despois do seu inicio, concretamente sobre as 10:30 horas da mañá.

Ata o lugar do suceso acudiron os Bombeiros da Limia, os GES de Muíños, e Protección Civil e a Garda Civil de Porqueira.

NOTICIAS A LIMIA | Arden os rolos de palla dunha explotación de forraxes en Fontemoura,...