domingo. 28.04.2024

A Xunta de Goberno da Deputación concedeu na súa reunión desta semana 1.125.096, 52 euros para o desenvolvemento de diversas obras, melloras de servizos e convocatorias de subvencións no ámbito deportivo. O Concello de Porqueira é un dos beneficiados das subvencións para os organismos locais, polo que recibirá 175.000 euros para servizos básicos como son iluminación, abastecemento ou calefacción, entre outros.

En total, a Deputación mobilizará 593.000 euros en subvencións para diversos concellos ourensáns como o de Allariz, o de Pereiro de Aguiar, o de Paderne ou o de Monterrei. Ademais, tamén se concedeu unha axuda para a Fundación Carlos Velo polo Ourense Film Festival deste ano, que terá lugar entre finais de setembro e principios de outubro.

Por último, a Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos no que queda de ano.

A convocatoria e as súas bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia, cunha dotación de 60.000 euros. Ademais, tamén se aprobaron as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos e mancomunidades de municipios para a organización de actividades físico-deportivas en 2023. O prazo para solicitar subvencións en senllas convocatorias remata o 30 de setembro

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Porqueira recibirá unha axuda provincial para servizos...