miércoles. 24.04.2024

O Concello de Porqueira acaba de ofertar 15 prazas para o curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Socias que se realizará no municipio a partires do vindeiro mes de decembro.

As clases estarás enfocadas en dar unha formación específica no tocante aos coidados e atención especial que necesitan os pacentes dependentes, tanto en centros residenciais coma en institucións de axuda social.

O curso iniciarase o 21 de decembro, en horario de mañá -de 9:00 a 14:00 horas-, e terá unha duración aproximada de 468 horas con prácticas incluídas. Finalizará o 6 de maio e dotará aos matriculados dun certificado profesionali de nivel dous que permitirá o seu traballo nos recintos anteriormente mencionados.

Para poder inscribirse no programa de formación necesitarase contar co título da ESO, ou ben coas competencias claves requeridas para a titulación de nivel 2. Ademais, deberase estar apuntado coma demandante de emprego no INEM.

O curso conta tamén cunha bolsa de contratación de emprego na que se incluirán os matriculados, os cales poderán optar a traballar na residencia de Porqueira cando se necesite de persoal especializado para o coidado dos anciáns -por exemplo cubrindo vacacións ou baixas- .

Este é o segundo curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Socias que o Concello de Porqueira realiza no municipio. O primeiro comezara o pasado tres de novembro e durará ata o 21 de marzo -impártese en horario de tarde-. Prevese contar con outra sesión máis dende o 23 de marzo ata o 23 de agosto do vindeiro ano.

En caso de querer matricularse deberase chamar ao concello ou ben ao teléfono 988077231.

NOTICIAS A LIMIA | Porqueira oferta 15 prazas para un curso de atención sociosanitaria...