martes. 08.10.2024

Arredor das 19:30 desta tarde produciuse un accidente de tráfico na carreteira OU - 302 en Porqueira. Nel colisionaron dúas furgonetas, unha delas dun traballador de Correos e a outra dunha dependenta de floristería. A conductora do segundo vehículo foi a única ferida, con danos moi leves.

Ata o lugar trasladáronse o GES de Muiños, o Proteción Civil de Porqueira, a Garda Civil e Tráfico e unha ambulancia para atender a ferida.

NOTICIAS PORQUEIRA | Accidente de tráfico cunha ferida en Porqueira