martes. 01.09.2026

As piscinas municipais de Porqueira continuarán abertas ata o domingo 6 de setembro, unha decisión motivada polas boas condicións meteorolóxicas e co obxectivo de facilitar que a veciñanza poida seguir desfrutando destas instalacións durante os últimos días do verán.

Ademais, o Concello contempla alongar a tempada ata o 15 de setembro no caso de que as boas temperaturas continúen durante os próximos días.

Deste xeito, a apertura das piscinas poderá manterse durante máis tempo do inicialmente previsto, adaptándose á evolución da meteoroloxía e á demanda da veciñanza.

Porqueira mantén abertas as piscinas ata o 6 de setembro e valora prolongar a tempada |...