jueves. 25.04.2024

Segundo vén de informar a Axencia Galega de Emerxencias, un home faleceu esta mañá ao envorcar co seu vehículo no río Limia, ao seu paso polo concello de Rairiz de Veiga

O accidente rexistrouse no 112 Galicia ás 9:45 horas. Foron os axentes da Garda Civil de Tráfico, que patrullaban polo lugar, os que deron a alerta ao comprobaren que un automóbil envorcara no cauce de río Limia. Ao parecer, o seu conductor, e polo momento único ocupante ata que os servizos de emerxencias retiren o coche, perdeu o control cando transitaba pola estrada que comunica O Toxal con A Saínza de abaixo.

Ata o lugar do sinistro foron desprazados efectivos do parque de bombeiros de Xinzo de Limia, voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Rairiz de Veiga, Garda Civil e persoal sanitario, que non puderon facer nada polo falecido, que se atopaba atrapado dentro do vehículo. 

O falecido é un veciño da Saínza (Rairiz de Veiga), Francisco Javier D. M., duns corenta anos, e que nese momento viaxaba só no seu vehículo. 

NOTICIAS XINZO | Un falecido ao envorcar co seu coche no río Limia, en Rairiz