lunes. 29.04.2024

O Concello de Rairiz de Veiga ten aberto o prazo de matriculación para participar en dúas ofertas formativas, co vindeiro día 30 como derradeiro día para inscribirse. Os interesados poderán anotarse nas clases de teatro ou nas de gaita e percusión, que se impartirán ao longo das semanas dende o mes de outubro, concretamente o 23.

O curso de gaita e percusión constará de dúas horas semanais de clase, cun prezo de 150 euros. Os empadroados terán unha bonificación do 66,66%, quedando a matrícula nuns 50,01 euros. No caso das familias numerosas, aplicarase un desconto do 30% e quedará en 105 euros. Esta oferta formativa está pensadada para persoas maiores de 8 anos.

As clases de teatro terán lugar unha hora semanas e o prezo é o mesmo que o do curso de gaita e percusión, 150 euros. as bonificacións serán tamén do 66,66% para os empadroados e do 30% para familias numerosas. Para obter máis información de calquera destas ofertas formativas pódese chamar ao 988 65 55 52.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Rairiz ofrece clases de teatro e de gaita e percusión