lunes. 29.04.2024

O Concello de Rairiz de Veiga, co colaboración voluntaria da veciñanza de Sabariz e A Pereira e tamén coa axuda de Protección Civil, recupera a celebración da Feira da Pereira. Esta festividade, que terá lugar o 13 de agosto, contará con moitas actividades e sorpresas ao longo da xornada.

Durante todo o día haberá obradoiros tradicionais, entre eles un de cestería con Sergio Moreno; postos do pan e de artesanía, unha taberna e unha carpa para poder xantar. Logo, terán lugar algunhas actividades a horas concretas. A primeira delas é ás 11:00 horas, coa actuación da Banda de Gaitas de Rairiz de Veiga. Media hora despois farase unha lectura de poemas de Antón Tovar, poeta natural da Pereira.

Pola mañá, a actuación das Bruxas de Xinzo, ás 12:00 horas, continuará coa programación. Ás 13:00 horas, outro grupo limiao porá música á xornada, neste caso serán Eskachapalletas. Pola tarde, as actuacións de grupos tradicionais seguirán coas pandereteiras María Soliña de Cangas do Morrazo, ás 16:00 horas. A Banda de Gaitas de Rairiz volverá tocar ás 17:30 horas e rematarán ás 18:00 horas coas pandereteiras Alxibeiras de Ponteareas.

A programación ten moita música tradicional, pero tamén haberá actividades para o desfrute dos pequenos. De 11:00 a 14:00 horas a feira contará cun inchable para os nenos que será de balde, grazas a animación Rosa dos Ventos. Esta encargarase pola tarde de levar a cabo varios xogos tradicionais a partir das 16:00 horas. Ademais, ás 17:00 horas realizarase un sorteo.

Esta feira está moi activa en redes e pódela seguir en Instragram. Nestes momentos teñen activo un sorteo dun xantar para dúas persoas e, para participar, só seguira á súa conta, darlle me gusta á publicación, comentar nela mencionando a un amigo e logo deberase compartir nas redes propias. O prazo para participar no sorteo remata o 10 de agosto.

O cartel da Feira da Pereira ten a Antón Tovar como protagonista, cun retrato do escritor feito pola artista local Ledicia.
O cartel da Feira da Pereira ten a Antón Tovar como protagonista, cun retrato do poeta feito pola artista local Ledicia.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Rairiz recupera a celebración da Feira da Pereira