viernes. 19.04.2024

O 2022 trae programa dobre na festa da Saínza, a celebración que marca o remate do verán na Limia, a última gran romaría antes do outono regresa dous anos despois con novidades. Ademais dos concertos e orquestras que xa son tradición, a festa suma unha foliada, música e baile do país, desde o venres até o domingo.


Na programación da Romaría a primeira protagonista será María do Ceo, que abrirá o cartel cun concerto o día 23, venres, ás 22:00 horas. Festa e foliada mesturaranse. O mesmo venres, despois da descarga (se se pode) de bombas de palenque prevista para  unha do medio día, haberá un obradoiro de música tradicional impartido por Daniela Sampayo no Campo da Festa. 


O sábado será un día grande e moi marcado pola música. Rebulir e Arrunrún ofrecerán un espectáculo dentro do programa da Foliada. Será pola tarde (17:00 horas). Despois haberá foliada aberta a cargo de Lirolaio, que veñen de participar no Esquecemento en Xinzo. E, pola noite, dentro da programación da Romaría, La Oca Band amenizará a verbena e Festicultores Troupe abrirán a madrugada (a partir das 02:00 horas) no Campo da Festa.


O domingo, a Foliada prevé unha alborada e unha sesión vermú (14:00 horas) a cargo da charanga A Buxaina. Tocarán xusto despois da Batalla de Mouros e Cristiáns (13.00 horas). Lirolaio estará presente tamén na sesión vespertina, e pechará a Orquestra Marbella cunha verbena a partir das sete da tarde, última cita do programa.


A Asociación Amigos da Saínza abriu unha conta bancaria para recibir achegas “por si a alguén lle gustaría colaborar co fin de traer concertos, varias orquestras no mesmo dia, ou simplemente para axudar”. A conta está na Caixa Rural, e o número é o seguinte: ES22 3070 0042 6761 7616 5121.  

Saínz 2022 (2)
Saínz 2022 (1)

NOTICIAS A LIMIA | María do Ceo abrirá o 23 a Saínza, que este ano incluirá foliada...